Máis de 700 obxectos doados pola propia veciñanza de Ribeira expóñense neste edificio rehabilitado do centro de Santa Uxía de Ribeira. Na primeira planta amósase a historia da cidade e da súa ría, cun peso especial para a riqueza arqueolóxica da comarca, a diversidade de especies e a importancia da industria relacionada co mar. Na planta superior hai unha colección de bonecas que exhibe toda a variedade do traxe tradicional galego.